Identificar o ton

Captura de pantalla do programa.

Este é un exercicio de memoria de tons e de intervalos ao mesmo tempo. Algunha xente pensa que este tipo de exercicios poden facerlle dar o ton perfectamente, pero nós non pensamos iso.

Basicamente, o programa dá un ton que vostede terá que identificar mediante a comparación co último ton que lle deu.

Para comezar, o programa dará un ton e mostrará o nome na barra de estado. Vostede identificará os tons premendo no teclado do piano ou empregando os atallos que representan as letras que aparecen en cada tecla.

Prema co botón dereito do rato no teclado do piano para escoitar a nota sen adiviñala antes (algúns dirían que isto é facer trampas...).

Configuración manual

Pode configurar o exercicio idbyname como vostede queira seleccionando OutrosConfigúreo vostedeIdentificar o ton.

Pode realizar o exercicio de varias formas. Persoalmente, non practiquei moito este exercicio, así que os apartados que seguen son só suxestións.

Nota a nota

Comeza só con tres notas do-re-mi no peso 1. Cando acade un 96% de acertos, engada a nota fa e continúe. O menú OutrosIdentificar o ton contén exercicios que lle engadirán tons de un en un até que vostede practique con 12 tons.

Peso no la

"Peso no la" é outra forma de practicar. Para iso terá que seleccionar OutrosConfigúreo vostedeIdentificar o ton.

Configure o ton la no peso 11 (ou maior) e o resto no peso 1. Desta forma o programa reproducirá o ton la a miúdo e vostede poderá recordalo para despois empregar o la como referencia para identificar os demais tons. Cando xa leve un tempo practicado, pode baixar o peso do la para facer o exercicio máis difícil.

Configuración

Ao comezo da páxina de configuración é vostede quen lle di ao programa cal é a importancia dos diferentes tons. Por exemplo, se vostede lle dá ao la 11 puntos e ao resto un punto a cada un, (11+11*1)/11*100 = 50% dos tons aleatorios serán la.

Debaixo diso, vostede seleccionará a que oitavas pertencerán os tons aleatorios.

Daquela, vostede poderá elixir se o Solfege debería facerlle unha nova pregunta de forma automática cando xa teña resolta a anterior.

No cadro de abaixo poderá estabelecer algunhas opcións que lle expliquen que é o que pasa se a súa resposta non é correcta.

Os atallos do teclado poden configurarse no ficheiro de configuración. Pode atopar a súa localización en AxudaLocalizacións de ficheiros.