fotoxx guia rápida
Use esta guia rápida para comezar a usar fotoxx.  Para información máis detallada pode consultar a guia do usuario.

Menu Ficheiro Xestión de Ficheiros e outras tarefas administrativas.
Abrir
Dialogo Abrir ficheiro - Abre unha imaxe para vela ou editala.
Gardar
Dialogo Gardar Ficheiro - Garda a imaxe actual (editada) no disco.
Cesto do Lixo
Bota a imaxe actual na cesta do lixo de fotoxx.
Imprimir
Arranxa fotos e texto nun deseño para imprimir (ver a aplicación irmá printoxx).
Sair
Sair de Fotoxx.
Editar parámetros
Editar parámetros afecta ó xeito como fotoxx compón os panoramas e as imaxes HDR. Normalmente só precisará modificar "pano lens mm"  para que coincida coa lente da súa cámara (no equivalente de 35 mm).
Crear Miniaturas
Crea miniaturas das fotografias para mostrar as páxinas de miniaturas máis rápido. Introducir o cartafol que contén todas as fotografias. Facelo ao rematar a instalación de Fotoxx ou cando reorganice a colección por fora de Fotoxx.
Comprobar Monitor
Amosa en pantalla unha paleta de cor para axustar o monitor. Axustar o monitor de xeito que as gradacións de luminosidade poidan ser apreciadas para todas as cores  en  ambolos dous extremos da paleta.
Diaporama
Amosa imaxes a pantalla completa (sen menu nin barra de ferramentas). Use o teclado para navegar . (máis). Empregue a tecla ESC para saír do modo Diaporama.
Clonar
Abre outra copia de Fotoxx coa imaxe actual (para comparar duas imaxes ou comprobar os cambios  durante a edición).
Menu Etiquetas Xestión de etiquetas das imaxes (palabras chave para buscar), valoracións, datas.
Editar Etiquetas
Engadir ou cambiar a data, valoración e palabras chave de unha fotografia.
Buscar
Busca todas as fotografias que concorden coas etiquetas desexadas e/ou coas marxes de valoración e/ou data introducidas.
Construir Indice de Etiquetas Crea un indice de datas e etiquetas para todas as imaxes.  Introducir o cartafol que contén todas as fotografias. Facelo ao rematar a instalación de Fotoxx ou cando reorganice a colección por fora de Fotoxx.
Amosar Datos EXIF
Amosa os datos EXIF da fotografia actual, incluindo data, exposición e calquera outra etiqueta que se engadira á fotografia.
Menu Edicion As opcións de este menu modifican os ficheiros das fotografias. (máis).
Seleccionar Area
Seleccióna unha zona para logo editala usando pulsacións e movementos do rato. Se non ahi unha zona seleccionada, as funcións de edición aplicanse a toda a imaxe. Inverter: reempraza a area seleccionada coa imaxe completa menos a area seleccionada.(máis)
Distribuir o Brillo
Homoxeneiza a distribución da luminosidade na fotografia. Mellora as zonas pouco contrastadas da imaxe. Algunhas veces e o método máis rápido e sinxelo de conquerir melloras importantes. (máis).
Brillo/
Contraste/Cor

Cambia a luz e a intensidade da cor independientemente para zonas da foto con diferente iluminación, p.ex. ilumina zonas escuras non afectando ás zonas xa ben iluminadas.
Profundidade da Cor
Reduce a profundidade da cor (número de cores mostradas). Crea efectos tipo póster ou pintura.
Intensidade da Cor
Aumenta ou diminúe a intensidade da cor nunha escala dende cero (gris) ata a intensidade máxima de cor.
Rango RGB
Aumenta ou diminue a cor principal para cada imaxe, p. ex. gris <>rosa<>vermello.
Enfoque
Enfoca unha imaxe desenfocada.
Desenfoque
Desenfoca unha imaxe. (Crea unha apariencia máis borrosa, ou suaviza os bordes).
Reduccion do ruido
Reduce o ruido (granulado) nas fotografias feitas con pouca luz.
Ollos Vermellos
Elimina o efecto de ollos vermellos nas fotos con flash electrónico. Normalmente premer  sobre o ollo vermello co rato 1-3 veces soluciona o problema. Para casos máis extremos seleccione unha area circular arredor do ollo vermello e prema co rato sucesivamente para escurecer a zona o desexado.
Recortar
Recorta unha zona rectangular da fotografia.
Xirar
Xira unha imaxe, nivela fotos desniveladas ou xiraas en pasos de 90°).
RedimensionarEscalar
Cambia o tamaño da imaxe, usada normalmente para reducir o tamaño das imaxes grandes.
Endereitar
Soluciona problemas de perspectiva: paredes curvadas ou edificios inclinados.
Distorsionar
Distorsiona unha parte da imaxe premendo co rato e  arrastrando sobre ela. Para crear efectos divertidos.
HDR
Combinar unha imaxe infraesposta con unha sobreexposta para conquerir unha imaxe máis detallada nas zonas máis iluminadas e nas máis oscuras. HDR = high dynamic range.
Panorama
Unir duas ou máis imaxes solapadas para lograr unha imaxe panoramica.
Menu Axuda Guia de usuario, ficheiro LEAME, lista de cambios.
Barra de Ferramentas 
indice
Mostra unha ventá de miniaturas, comezando pola imaxe actual. A ventá  pode conter varias páxinas de miniaturas e mostrar  outras localizacións. Picando nunha miniatura mostrarase a imaxe na ventá principal.
abrir
Atallo para a opción Abrir no menu Ficheiro.
gardar
Atallo para a opción Gardar no menu Ficheiro.
lixo
Atallo para a opción cesto do lixo no menu Ficheiro.
ant.
Vai  á imaxe anterior no cartafol actual, si hai algunha.
seg.
Vai á imaxe seguinte no cartafol actual, si hai algunha..
desfa.
Desfai (volta atrás) os resultados da función de edición anterior. Podense desfacer un tope de  20 accións.
refa.
Refai a acción previa a Desfai. Podese repetir para refacer cada acción "desfai" executada sobre a imaxe actual en edición.
ampl.
Aumenta a imaxe (o zoom). Pode empregarse tamén o botón esquerdo do rato, centrando en pantalla a area ampliada.
dimin.
Diminue a imaxe (o  zoom). O botón dereito do rato produce o mesmo efecto.
finar
Detén unha función complexa (HDR, Panorama). Un exemplo pode ser cando se decata de que as imaxes a combinar non son as correctas.
sair
Sae de Fotoxx.

Licencia e Garantia
Fotoxx licenciase baixo a licenza pública xeral de GNU versión 2 da Free Software Foundation.
Fotoxx non esta garantido para ningún propósito, pero si atopa un erro, tratarei de solucionalo.


Fonte e Contacto
O código fonte orixinal  de Fotoxx está na sitio web do autor: http://kornelix.squarespace.com/fotoxx
Outros sitios Web poden ofrecer Fotoxx para descarga. Poden-se ter producido modificacións.
Si ten algunha pregunta, suxerencia ou  erro que comunicar, envie un correo a: kornelix@yahoo.de

Atallos de Teclado
venta principal

frechas esquerda/dereita
anterior / seguinte imaxe
teclas de suma(+) / resta(-)
aumenta /diminue o factor de zoom
tecla Z
Zoom ó 100%, axusta a imaxe a toda a pantalla
teclas R / L
xira 90° dereita / esquerda
teclas T ou X
abre a ventá do indice de miniaturas
tecla Suprimir
envia a imaxe ó cesto do lixo de fotoxx
tecla Escape (Esc)
sae do modo presentación de diapositivas.
ventá de miniaturas

frechas arriba/abaixo
avanza/retrocede unha fileira de miniaturas.
frechas esquerda/dereita
avanza /retrocede á seguinte/anterior páxina de miniaturas.
teclas de suma(+) / resta(-) aumenta/diminue o tamaño das miniaturas.
tecla Escape (Esc) pecha a ventá de miniaturas

Procedemento xeral de edición

A imaxe na ventá principal pode ser modificada coas funcións do  menu de edición. Pode usar as funcións en calquera orde, e os cambios na imaxe iranse acumulando e mostrando na ventá principal. Os botóns de [desfai] e [refai] podense usar para comprobar o antes e despois para as 20 últimas funcións aplicadas á imaxe. Estos botóns non poden utilizarse mentras a función de edición esta traballando, pero algunhas destas funcións posúen a súa propria función de desfai/refai os cambios mentras traballan. Cando finalice de editar unha imaxe, empregue [salvar] para reemprazar o ficheiro orixinal ou para gardalo como un ficheiro novo.

Seleccionar zona a editar

E posible modificar parte dunha imaxe mentras o resto permanence sin cambios. Si non ten seleccionada ningunha zona da imaxe, as funcións de edición afectarán a toda a imaxe. Si ten selecciónada unha zona da imaxe e está activa (non foi eliminada), entón as funcións de edición seguintes aplicaranse á zona selecciónada: brillo e cor, distorsionar, enfoque, desenfoque, reducir ruido. A función [distorsionar] só traballa dentro da area seleccionada (pero pode seleccionarse toda a imaxe). Outras funcións ( recortar, ollos-vermellos, xirar, redimensionar, HDR, panorama, endereitar) ignorarán a area seleccionada.

Pode seleccionarse unha zona da imaxe antes de aplicar a función do menu edición, ou mentras a función esta activa. A zona seleccionada convirtese inmediatamente en zona activa,  as funcións aplicadas anteriormente a unha zona ou a imaxe completa conservanse. Si se aplica outra función a area seleccionada permanece activa, polo que é posible aplicar unha serie de funcións sobre unha zona ou unha función sobre unha serie de zonas.


Prema no botón [Comezar] para comezar a seleccionar a zona. Empregue o rato para rodear a zona desexada. Manteña premido o botón esquerdo do rato e arrastre  para dibuxar unha liña de puntos. Solte o botón para marcar a fin da liña e comezar unha nova dende ese punto. Continue arredor da zona a seleccionar ata que quede rodeada de liñas de puntos conectadas (un poligono arbitrario). Podese utilizar o botón dereito do rato para desfacer as ultima(s) liña(s). Outro xeito de facelo é premendo co botón esquerdo do rato para marcar os vértices do poligono. Cando o poligono esté case que pechado, prema no botón [Terminar] para conectar o primeiro punto seleccionado co derradeiro.  A zona seleccionada está xa activa e as funcións do menu edición posteriores traballaran dentro de esa zona. O botón [borrar] de-selecciona a area (manteñense todolos cambios). Poderia entón seleccionar unha zona nova se o desexara. O control deslizante [Combinacion] define o espesor da zona de combinación coa imaxe circundante. As funcións empregadas na zona seleccionada son combinadas ca imaxe circundante nese espesor. Posicionado na esquerda produce un borde duro (sin combinación) A posición máis á dereita mistura os cambios nun espesor de uns 200 pixeles. Este control pódese axustar interactivamente mentres se edita unha zona cunha previsualizacion instantanea. A caixa de dialogo - Area de imaxe para edicios seguintes - pode pecharse e voltar a abrirse máis tarde comezando unha nova selección (co botón [Comezar]). O espesor da zona de mistura pode ser modificado, afectando á función actual e as seguintes


Establecer que pixeles están dentro da zona seleccionada, e o alonxados que estan do bordo máis cercano (para calcular a combinación) require un traballo intensivo de procesador. Si seleccionou unha zona moi grande empregando centos de liñas, precisaranse 10 segundos ou máis para o cálculo. Este cálculo faise só unha vez, cando remata de seleccionar unha zona. Variacións posteriores no espesor de mistura procesanse moi rápido.

O botón [invertir] invirte unha zona seleccionada existente: seleccionase toda a imaxe excepto a zona previamente seleccionada. Usar [invertir] duas veces volta a selección á zona orixinal seleccionada. Invertir unha zona seleccionada pode consumir moito tempo  de calculo para completarse, xa que normalmente hai máis pixeles sobre os que calcular a distancia ó bordo.

Distribución do Brillo

Este é un método doado e rápido para compensar unha limitación común en moitas fotos. Non hai rango dabondo na luminosidade para mostrar ben os detalles en todas as zonas da foto.  Esta función atopa donde hai demasiados pixeles coa luz prácticamente igual e separaos, comprimindo outras zonas para ter sitio. Tecnicamente homoxeneizouse a distribución da luminosidade (brillo). Desplace o control e observe a imaxe, que pode demorarse uns segundos. Algunhas imaxes mostraran bos resultados, outras non